A abundancia e a calidade das obras artísticas e literarias, desde a metade do século XVI ata finais do século XVII, fixeron que se coñeza a este periodo como o SÉCULO DE OURO ESPAÑOL.
EN ARQUITECTURA
Destacaron diferentes ESTILOS:
- O ESTILO HERRERIANO que se desenvolveu no último terzo
do século XVI. Caracterízase polo seu aspecto austero e a súa escasa decoración. Un exemplo deste estilo é o MONASTERIO O ESCORIAL ( en San Lorenzo do Escorial, Madrid). Foi mandado construir por Felipe II a Bautista de Toledo, pero este morreu en 1567 e fíxose cargo da construción Juan de Herrera, quen a finalizou en 1584. O estilo co que realizou a obra creou escola, pasando a coñecerse como estilo herreriano.e
- O ESTILO BARROCO. Desenvolveuse no século XVII e distínguese pola sua
decoración excesiva e recargada, con abundancia de liñas curvas. A gran achega da arquitectura barroca española é a praza maior regular, pechada e con soportais, espazo
destinado a ser utilizado como mercado e como escenario das celebracións públicas.
O Palacio Real de Madrid, a fachada da catedral de Santiago e a Praza Maior de Salamanca de Churriguera, son boas representacións aínda que esta última construiuse no século XVIII.
- O ESTILO NEOCLÁSICO propio do século XVIII xorde en oposición á
complexidade do barroco e volve a inspirarse na Grecia e a Roma da Idade Antiga como no Renacimento dos séculos XV e XVI. Constrúense grandes edificios públicos
como O MUSEO DO PRADO en MADRID e se embellecen as cidades con grandes monumentos como A PORTA DE ALCALÁ de MADRID.
ACTIVIDAD
EN PINTURA
En España aparece o pintor máis xenial do momento, O Greco, coas súas figuras alargadas, as súas imaxes dramáticas e a súa cor luminosa. Os seus cadros máis famosos son: «O cabaleiro da man no peito» e «O enterro do conde de Orgaz».
VÍDEOS SOBRE PINTORES DO S.XVI
- No século XVII sobresaíu Diego Velázquez.
Realizou numerosos retratos, cadros relixiosos e escenas da vida cotiá. É universalmente coñecido. Soubo captar a realidade.
Tamén destacaron: JOSÉ DE RIBERA, ZURBARÁN, MURILLO.
VÍDEOS SOBRE OS XENIOS DA PINTURA BARROCA ESPAÑOLA
- No século XVIII
Destacou Francisco de Goya e Lucientes. Considérase o precursor das tendencias pictóricas do século XIX. Goya é considerado un dos xenios da pintura. Pintou ás familias reais, fixo unha serie de pinturas de touros, pintou a guerra da Independencia e, cando se volveu xordo, unha serie de pinturas negras.
VÍDEOS PINTORES DO SÉculo XVIII
EN ESCULTURA
- No século XVII
Destacan os retablos que decoraban os altares e as figuras relixiosas de madeira policromada que se sacan en Semana Santa. Entre os escultores sobresaen: Gregorio Fernández ou Hernández, Juan Martínez Montañés, Alonso Cano, Francisco Salzillo…
-
NO sÉculo xviii
Fanse esculturas para as obras públicas como a Fonte de Cibeles de Madrid.
EN LITERATURA
Na Idade Moderna viviron en España brillantes escritores.
A imprenta, inventada no século XV (Idade Media), axudou á difusión das súas obras.
- No século XVI, sobresaíron
Santa Teresa de Jesús e San Juan da Cruz, que escribiron obras de carácter místico ou espiritual, e o poeta Garcilaso de la Vega.
- No século XVII, escribiron as súas obras: Miguel de Cervantes, os poetas BARROCOS, Góngora e Quevedo, os ESCRITORES DE TEATRO, Lope de Vega e Calderón de la Barca. «O Ingenioso hidalgo D. Quijote de la Mancha de Cervantes» ,é a obra máis importante.
- No século XVIII, destacaron os ilustrados, que reflexionaban sobre os problemas de España, como Gaspar Melchor de Jovellanos.
SÉculo DE OuRO DAS LETRAS ESPAÑOLAS (VÍDEOS)
EN CIENCIA
No século XVIII a CIENCIA tivo un gran desenvolvemento
Creáronse:
- Observatorios,
- Xardíns botánicos …
Tamén se concedeu moita importancia á EDUCACIÓN e á CULTURA:
- Creáronse Museos como O Museo do Prado de Madrid,
- Academias, como a REAL ACADEMIA DA LINGUA,
- Sociedades Económicas, nas que se reunían expertos para reflexionar sobre a economía e…
- Nesta época naceu a prensa. Entre os diarios máis representativos atopábase «O pensador»
ACTIVIDADES
vídeos
- LA VIDA EN EL SIGLO DE ORO
- EL CORRAL DE LA COMEDIA
- GENIOS DE LA PINTURA BARROCA ESPAÑOLA
- EL GRECO
- VELÁZQUEZ
- MURILLO
AUTOEVALUACIONES
Muchas gracias por poner esto. No sólo tengo que mirarlo en el blog de mi seño sino también éste.
Hola profe el 4º recurso en mi ordenador no funciona
Gracias, preciosa. Con vuestras aportaciones mejorará mucho el blog y tú…¡también aprendes!, ¿no?. Tu profe.